segunda-feira, 24 de agosto de 2009

Pensar, sentir, berrar, chorar


Fotografías de Maribel Ferreiro (Auschwitz-Birkenau)

.

De Manuel Pérez Millos *

Cando miro que quen por ilustrado tense

porlle sombras ás luces da Historia

e falsea a testemuña da memoria,

abraiame que abonde tanto quen non pense.

Cando pensó que se quer ficar extinta

unha raza, unha nación, unha cultura

sen motivo, prodúceme tristura

que non haxa apenas quen o sinta.

Cando sinto que ninguén hai que soterré

os lobos roxos e negros da gamada,

tremo por si diante do ouvear da fera mada,

cada quen acougue, cale e ninguén berre.

Cando berro denunciando aos opresores

que masacran e aldraxan inocentes,

quixera que te afastaras dos silentes

e, compañeiro, que se non berras, chores,

pois parece que estivera arestora

esgotada a humanidade e a nobreza,

e que doentes de egoísmo e de dureza,

nin se pensa, nin se sinte, nin se berra,...nin se chora.

(Inédito) Vigo, abril de 2007. *Manuel Pérez Millos é socio de AGAI e colaborador habitual do semanario israelí Aurora

Shoá






Fotografías de Maribel Ferreiro en Auschwitz-Birkenau
.

De Manuel Pérez Millos *

Non hai berros bastantes para tanta rabia,

nin chegan bágoas para tanta pena.

Nunca ahondarán os termos de condena,

nin pode ter perdón tamaña infamia.

Chegouse ao colmo do furor máis indecente

e verqueuse todo o balde da ignominia

impoñéndose a máis macabra alquimia:

a que cambia en morte a vida do ¡nocente.

Auschwitz, Treblinka, Dachau, e outros lugares

que avergoñan a quen se teña por persoa,

onde o muíño do bastardo doulle a moa

da abxección, da crueldade e das ruindades.

Calaron e ollaron cara a un lado,

os que fachendaban de ser civilizados,

desprezando os queixumes dos coitados

e esquecendo o dereito do aldraxado.

Pero o acaecido non é novo.

Voltou, daquela, a repetirse a historia.

Tentouse de borrar toda memoria

da presenza dun pobo, do meu pobo.

(Inédito) Vigo, xaneiro de 2008. * Manuel Pérez Millos é socio de AGAI e colaborador habitual do semanario israelí Aurora